O BNG da Pobra demanda a reparación e limpeza das beirarrúas en mal estado

POBRA> O BNG levará ó próximo pleno a necesidade de reparación e limpeza urxente das beirarrúas do concello. Consideran que o mal estado en que se atopan con baldosas soltas e invadidas en moitos casos pola maleza ou outros obstáculos pode suponer un importante risco para os peóns. Critican que o executivo presuma de favorecer a accesibilidade no municipio mentres mantén en tan mal estado a rede de beirarrúas. Na moción solicitan tamén que se pinten, sinalicen e iluminen axeitadamente os pasos de peóns.