O BNG de Ribeira pide o ondicionamento dun edificio inacabado na avenida de Lugo

RIBEIRA> As obras, paralizadas dende hai anos, supoñen un importante risco para a seguridade así como un foco insalubre onde prolifera lixo e maleza. Recollendo as queixas de numerosos veciños, o BNG de Ribeira vén de rexistrar unha iniciativa para que se acondicione esta parcela e a súa contorna. Trátase dunha obra inacabada que, trala súa paralización hai anos, quedou abandona e, cada vez, máis deteriorada. Ó mal estado do peche da parcela, súmase o deterioro provocado nas beirarrúas das rúas adxacentes supoñendo un risco para o tránsito de peóns. Ademais, nos terreos onde se emprazaría o edificio, proliferan o lixo e a maleza converténdose nun foco de insalubridade en pleno casco urbano. Os nacionalistas demandan que o concello inicio o expediente de execución subsidiario para acondicionar a obra ata o nivel das beirarrúas e urbanizar a contorna das rúas Correos e Lugo.