Os sabores de Laredo, Ribadesella e Viveiro, na Lanzada

    O GROVE> O primeiro intercambio de cociñeiros de Vilas Mariñeiras tivo a Sanxenxo como concello anfitrión. A Escola de Hostalería da Mancomunidade acolleu hoxe unha comida para pór en valor a calidade gastronómica dos municipios que forman este grupo.

     

    A excelencia dos produtos dos municipios de Vilas Mariñeiras e o bo facer de tres profesionais da cociña, quedaron ben demostrados no primeiro intercambio de cociñeiros organizado polo grupo.

    Sanxenxo foi o municipio anfitrión deste primeiro intercambio, que busca dar a coñecer as diferentes localidades tanto fóra como dentro de Vilas Mariñeiras.

    E é que quen mellor para pór en valor a gastronomía que os propios cociñeiros? Ata a Lanzada trasladáronse os sabores máis característicos de Laredo, Ribadesella e Viveiro.

    Sanxenxo, Baiona, Viveiro, Ortigueira, Cudillero, Ribadesella, Llanes, San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo, son os municipios que forman Vilas Mariñeiras.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/20/xornadas_gastronomicas_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/20/xornadas_gastronomicas_lanzada.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí