Unha subvención autonómica permitirá a Boiro contratar 8 socorristas

BOIRO> O concello de Boiro recibiu unha subvención da Xunta de 31 mil euros para a contratación de oito socorristas. os aspirantes deberán estar inscrito no Servizo Público de Emprego, organismo mediante o cal se realizará a selección.

A achega por parte da Consellería de Emprego permitirá ó concello de Boiro contratar oito socorristas durante este verán.

Desempeñarán o seu traballo nos distintos areais do municipio que conta con máis de cinco quilómetros de praia entre as que destacan Barraña, Carragueiros, Mañós, A retorta, A Ladeira e O Chazo como as máis concorridas.

Ademais do persoal contratado con cargo a esta subvención, o concello ampliará o número de socorristas ata 15 para dar cobertura a tódalas praias do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí