Stop Desafiuzamentos ponlle nome e apelidos á crise

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/26/stopdesafiuzamentosbarbanza260314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/26/stopdesafiuzamentosbarbanza260314.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A entidade, que ten contabilizadas na capital barbanzá unhas 28 familias en dificultades, pide unha actuación urxente por parte das Administracións.


Cada vez máis familias en Ribeira padecen os efectos da crise. Atópanse xa ó borde da emerxencia social e a súa situación complícase. A falla de ingresos, a maioría dos membros da unidade familiar non traballan, ou se perciben algunha prestación, é mínima, estalles a dificultar o seu día a día. Non poden facer fronte á súa hipoteca, e en moitos casos xa non poden aboar as facturas de electricidade, auga ou calefacción, e mesmo non teñen para comer, debendo recorrer ás axudas de Cáritas e Servizos Sociais. Dende a Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza fixeron un chamamento á responsabilidade por parte dos políticos desta comarca, en especial dos alcaldes, para que se impliquen dunha vez por todas con este problema e invistan máis presuposto en combater estas necesidades. A entidade ten actualmente en Ribeira localizadas a unhas 28 familias que están a pasar por serias dificultades. Son casos como o de Fernando Roberto Silva, Santos González ou Sonia Iglesias, que hoxe quixeron dar a cara e contarnos o seu problema, pero hai máis, que por medo ou vergoña, queren seguir no anonimato. Dende a Plataforma tamén quixeron denunciar as enormes trabas que a Xunta lles está a poñer tamén a estas persoas á hora de solicitar o RISGA, a renda de integración social para persoas sen recursos.