A Xunta destina 180 mil euros á mellora da estación de autobuses de Noia

    NOIA> A Conselleira de Infraestruturas desprazouse ata Noia para supervisar as obras de mellora que se están a acometer na estación de autobuses da localidade. A actuación, cun investimento próximo ós cento oitenta mil euros, permitirá mellorar o illamento térmico e as dársenas da instalacións. As obras, iniciadas en outubro coa previsión de rematar antes de fin de ano, contemplan a substitución da cuberta tanto na zona das dársenas como no edificio da estación. Actuarase tamén na fachada para favorecer un mellor illamento térmico do inmoble e acondicionaranse as dársenas que actualmente presentaban un avanzado estado de deterioro. Esta actuación, presupostada en 180 mil euros, enmárcase no Plan Renove que promove a Consellería de Infraestruturas para o acondicionamento e modernización das estacións de autobuses de toda Galicia. Ademais da mellora estética e da funcionalidade, a actuación incrementará a seguridade nesta estación de autobuses coa instalación dun portal motorizado que permitirá separar o tránsito de peóns do de vehículos.