Boiro Novo reclama o pago dunha taxa polos caixeiros automáticos

BOIRO> Boiro Novo reclama que os bancos paguen unha taxa polos caixeiros automáticos que ocupen a vía pública.  Dende a formación consideran que os bancos non devolveron nin un só céntimo do recibido na crise económica e que agora é necesario que se busquen alternativas para que devolvan ó público todo o entregado no seu rescate. Boiro Novo presentou unha moción para que as entidades bancarias de Boiro paguen unha taxa polos caixeiros automáticos que ocupan parte da vía pública. Segundo sinalou a voceira desta formación Dores Torrado os bancos non devolveron nin un só céntimo do recibido na crise económica, polo que considera que dende o ámbito municipal pódese dar un pasiño aplicando unha taxa ós bancos que estean empregando o espazo público das rúas de Boiro para o seu negocio privado. Segundo Boiro Novo existe xurisprudencia suficiente para reclamar esta taxa e xai hai outros concellos que aplican este tributo, como é o caso de Vigo ou A Pobra.