BARBANZA> Na iniciativa irá tamén recollida a necesidade da creación dun fondo de emerxencia social e a posibilidade de crear un bono alimenticio para aquelas persoas con menos recursos. A través desta iniciativa, o BNG do Barbanza, pretende que os concellos da comarca se impliquen tamén neste problema como son os desafiuzamentos, que están a afectar a numerosas familias da zona. Pretenden que se garanta o dereito constitucional de toda persoa a unha vivenda digna. Dende a formación frentista solicítase o apoio tamén das corporacións locais á Iniciativa Lexislativa Popular que busca, entre outros aspectos, a paralización dos desafiuzamentos, favorecendo o alugueiro social.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











Comments are closed.