Un mozo falece nun accidente na ponte ao encaixar o seu coche debaixo dun camión

A ILLA> Accidente mortal na Illa de Arousa. Esta tarde, un mozo de 21 anos perdeu a vida tras chocar o seu turismo contra un camión que transportaba area. O sinistro produciuse na metade da ponte que une a localidade con Vilanova, o que provocou importantes retencións no tráfico.

 

Ás catro menos dez desta tarde, o 112 recibía o aviso do sinistro. Todo apunta a que foi o mozo, que circulaba en sentido Vilanova, o que perdeu o control do vehículo e invadiu o carril contrario na metade da ponte da Illa. A violencia do impacto provocou que o turismo se metera debaixo do camión, falecendo o condutor e único ocupante do coche.

A vítima mortal, un mozo de 21 anos veciños da Illa, tivo que ser excarcerado por efectivos dos Bombeiros do Salnés.

O aparatoso do accidente obrigou a cortar a ponte. Despois, as tarefas de retirada dos vehículos e de limpeza da estrada provocaron importantes retencións no tráfico, que se prolongaron durante máis de dúas horas en ambos sentidos.

Ademais dos Bombeiros do Salnés, ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Vilanova e Cambados e o 061, que enviou un helicóptero e unha ambulancia.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/03/accidente_mortal_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/03/accidente_mortal_illa.mp4{/flowplayer}