Atopan o corpo sen vida dun veciño da Pobra preto de Cabío

POBRA> A Garda Civil investiga as posibles causas da morte dun home, duns oitenta anos, veciño do lugar da Lombiña.

Foron os propios familiares do finado, os que denunciaron a súa desaparición a media mañá.

Nese momento iniciouse un dispositivo de busca no que participaron ademais de veciños da zona, voluntarios da agrupación de Protección Civil e Policía Local.

Ao mediodía producíase o tráxico achado. O seu corpo aparecía nunha zona de pequenas calas en Cabío, nun lugar moi próximo a súa vivenda familiar.

Segundo fontes ás que tivo acceso esta redacción non foi unha morte accidental, xa que o home deixou unha carta de despedida para os seus familiares.