Os irmáns Paz parten para o Mundial de 49er

VILAGARCIA> Os irmáns Antón e Carlos Paz presentaron hoxe a embarcación de 49er ca que van a competir no campionato do Mundo da especialidade que comeza a mediados do mes que ven en Santander. Aquí xóganse dez prazas directas para acudir ás Olimpiadas de Río.

Os regatistas Antón e Carlos Paz veñen de presentar a súa nova embarcación de 49er ca que en breve se encamiñarán a Santander, onde o 15 de Agosto comeza o Campionato Mundial no que se xogan o seu pase directo ós Xogos Olímpicos de Río. Esta presentación do Sailing Team serviu tamén para agradecer ós patrocinadores e ós participantes no crowfounding a axuda económica que están a prestar á vela olímpica. Un dos axentes implicados na súa subvención é a Xunta de Galicia que considera a vela, xunto co piragüismo, deportes estratéxicos para a Comunidade; o que quer dicir que non viron minguado o seu orzamento desde o 2009 malia a crise. Amais con este acto pretenden mobilizar máis apoios económicos privados para só ter que preocuparse da parte deportiva. O Concello e o Porto de Vilagarcía, a Xunta de Galicia ou a Deputación de Pontevedra son algúns dos seus principais sponsors; unha tónica que intentarán manter en vindeiros exercicios, tal e como adiantaban neste acto. O mestre de cerimonias da presentación foi seu tío, o coñecido actor Carlos Blanco, quen tamén patrocina a andaina deportiva dos fillos de súa irmá. Todos xuntos fan fronte común para que este novo barco leve a vela galega e arousá de novo ata o máis alto.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/vela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/equipo_olimpico_vela.mp4{/flowplayer}