RIBEIRA> Ribeira volverá ser sede do boxeo galego coa XIII Velada que organiza o Club ‘EL Canario’. Será o sábado 29 no pavillón de Palmeira e constará de 8 combates, un deles feminino. Pola mañá terá lugar un Campionato Galego de Formas en Idade Escolar.
O Club de Boxeo ‘El Canario’ converteuse xa en todo un veterano na organización de torneos. Coa do vindeiro sábado serán xa 13 as veladas de boxeo que promoven en colaboración co concello de Ribeira. Dará comezo ás sete da tarde no pavillón Torres Colomer de Palmeira. Disputaranse 8 combates con competidores de 8 clubs de toda Galicia, dous deles locais. As entradas,a 10 euros, xa se poden adquirir na propia entidade ou no Bar Tenerife de Carreira.
Aínda que a velada será en horario nocturno, haberá boxeo dende ben cedo posto que a partir das 11 da mañá celebrarase o Campionato de formas galegos para nenos de entre 6 e 16 anos e rapaces con diversidade funcional. A entrada será de balde.
Ó remate da velada, o club recoñecerá o labor de dous colaboradores, Scubi e Rubén Rial, coa entrega de dúas placas conmemorativas.











