Mar confía en conseguir unha proposta de TAC positiva para Galicia

BRUXELAS> Este luns arrancou en Bruxelas o Consello Europeo de Ministros de Pesca para acordar os TAC de 2020. A Consellería do Mar tentará mellorar a proposta inicial da comisión que contempla importantes reducións das cotas de pescada e xurelo.

Aínda que as negociacións preséntanse complicadas, a Consellería do Mar asume con forza o reto de lograr as mellores cotas para a flota galega. Son principalmente dúas as especies obxectivo nas que a redución proposta pola comisión suporía un gran prexuízo socioeconómico: a pescada tanto no Gran Sol como no Cantábrico Noroeste e o xurelo na zona novena A.

Rosa Quintana agarda que os científicos que asesoran á comisión teñan en conta os informes presentados pola Consellería sobre o impacto da pesca na economía galega. Está previsto que as negociacións se prolonguen ata metade de semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí