A Pobra aprobará este venres a xestión pública do Servizo de Axuda no Fogar

A POBRA> A corporación municipal da Pobra celebrará este venres un pleno extraordinario para aprobar a municipalización do servizo de axuda no fogar. O concello asumirá así a xestión directa do servizo que ata o de agora se realizaba mediante un modelo mixto, en colaboración cunha empresa privada.

O concello da Pobra rematará o ano cumprindo co compromisos asumido por Servizos Sociais de remunicipalizar o servizo de axuda no fogar. Tras aprobar a finais de outubro a memoria técnica e as conclusións da proposta, a corporación municipal celebrará este venres un pleno extraordinario para dar o visto bo ó expediente de municipalización do servizo.

A xestión directa implicará un aforro próximo ós cen  mil euros apra as arcas municipais así como unha maior calidade do servizo e estabilidade para as auxiliares que pasarán a formar parte da plantilla do concello.

Na sesión extraordinaria someterase tamén a aprobación a conta xeral do exercicio 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí