O Barbanza recibirá 4’8 millóns de euros con cargo ao fondo de cooperación local da Xunta

RIBEIRA> Así o anunciaron esta mañá a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, nunha xuntanza de traballo, que serviu ademais para facer balance do Plan.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, achegáronse esta mañá a Ribeira para facer balance do fondo de cooperación local da Xunta. Un programa de axuda ós Concellos, de cara a mellorar os servizos que as Administracións Locais ofrecen ós seus veciños.

A Xunta de Galicia repartiu este este ano nos concellos da provincia preto dos 42 millóns de euros, dos que aproximadamente cinco lle corresponderán ó Barbanza.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, valorou moi positivamente estas achegas, comparando este programa da Xunta co Plan Único da Deputación, moito menos ventaxoso para os intereses dos Concellos.