As confrarías da Coruña concentraranse en Ribeira contra a apertura de novas zonas para a extracción de mexilla

RIBEIRA> O anuncio da apertura de novas zonas para a extracción de mexilla non foi ben recibido no seo da federación provincial da confrarías da Coruña. Os pósitos da provincia convocaron unha mobilización para este venres en Ribeira á que se sumarán as confrarías de Pontevedra.

Os mariscadores de Aguiño ven con temor a apertura para a extracción de mexilla dalgunhas zonas de exclusión reservadas ata o de agora para traballar o seu principal recurso: o percebe.

Lonxe de buscar conflito, dende a confraría de Aguiño apostan por achegar posturas co sector mexilloeiro. Instan tamén á Xunta a ter en conta as súas demandas e non ceder ás presións dun grupo que, din, non representa á maior parte do sector bateeiro.

Co apoio da federación provincial da Coruña, convocaron unha mobilización para este venres ante da Delegación de Pesca en Ribeira á que tamén se sumarán as confrarías da provincia de Pontevedra.