BOIRO> Esta mañá recibía a visita nas súas instalacións do gobernador do estado de Ceará, Camilo Santana. Unha visita na que tamén estivo presente o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
Acompañado polos responsables de Jealsa, entre os que se atopaba o seu presidente, Jesús Alonso Escurís, o gobernador do estado brasileiro de Ceará, Camilo Santana, tivo tempo de coñecer as instalacións da conserveira no Bodión. A visita respondía básicamente a un interese empresarial, de cara a unha futura colaboración.
O gobernador brasileiro destacou a importancia de poder colaborar coa conserveira boirense, e así fortalecer tamén os lazos comerciais entre Galicia e Brasil.
Un aspecto este no que coincidiu tamén o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.
A apretada axenda do gobernador do estado brasileiro de Ceará continuou posteriormente cunha visita a factoría Escurís, que esta mesm empresa posúe na Pobra do Caramiñal ,e tamén á Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira