O alcalde recibe no concello ós catro nenos saharauis acollidos en Ribeira

    RIBEIRA> A falta xa de escasos días para a súa marcha, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, e a edil de Servizos Sociais, María Esther Patiño, recibiron esta mañá no salón de plenos do concello ós catro nenos saharauis que estiveron pasando o verán con varias familias de acollida do municipio dentro do programa ‘Vacacións en Paz’. Trátase de Chaima, Bachar, Naual e Mohamedou. No acto o alcalde, Manuel Ruiz, interesouse pola súa estancia en Ribeira, e aproveitou para eloxiar a xenerosidade das familias de acollida. Os catro pequenos recibiron tamén de mans do rexedor uns agasallos en forma de mochilas e outro material escolar, e as súas familias de acollida, uns libros sobre a exposición do Santa Isabel. Cabe lembrar que o concello ribeirense destina este ano a este programa ‘Vacacións en Paz’ unha achega económica 3.760 euros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí