Carmen Pomar coñece os programas educativos do colexio de Bergondo

NOIA> A Conselleira de Educación visitou  as instalacións do colexio Felipe de Castro onde se veñen de acometer unha serie de melloras na accesibilidade e climatización. Carmen Pomar tivo ocasión ademais de coñecer os programas nos que participa este centro como o proxecto de libro dixital, o plan de mellora de bibliotecas ou o programa de mellora do rendemento académico ‘Refórzate’.

Durante a súa visita ó colexio de Bergondo, en Noia, a Conselleira de Educación supervisou o resultado das obras financiadas polo seu departamento no centro nos últimos meses con preto de millón e medio de euros. Ademais da substitución da cuberta desenvolveuse un proxecto de eficiencia enerxética e mellorouse a accesibilidade coa construción dunha pasarela cuberta entre o colexio e o pavillón

Ademais das melloras nas instalacións, Carmen Pomar destacou a gran implicación académica da comunidade educativa do Felipe de Castro coa súa participación en numerosos programas impulsados pola Consellería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí