Feijóo advirte que “abril será peor que marzo”

GALICIA>  Con estas cifras sobre a mesa, o presidente da Xunta de Galicia asegurou esta mañá que o peor está aínda por chegar. Alberto Núñez Feijóo anunciou que, na nosa comunidade, abril será peor que marzo e, por iso, pediu un maior esforzo da cidadanía. Neste eido, a administración autonómica habilitará dous novos hospitais de reforzo.

Con esta contundencia aseguraba esta mañá o presidente da Xunta de Galicia que o peor está aínda por chegar. Por iso, Alberto Núñez Feijóo avanzou hoxe novas medidas para tratar de paliar esta pandemia. Tras manter unha reunión co comité clínico, a administración autonómica decidiu poñer en marcha dous novos hospitais de reforzo. Un na cidade da Coruña, cunhas 300 camas, e outro en Santiago con 150. Ademais, a Xunta non descarta facer o mesmo na área sanitaria de Vigo. Neste eido, o Goberno galego tomou tamén a decisión de crear unha “noria de ambulancias”.

A administración autonómica está a desenvolver unha supervisión sanitaria continua nas residencias galegas. Por iso, a Xunta tomou a decisión de priorizar os test de diagnóstico nestas instalacións, tanto aos residentes como aos empregados.

Alberto Núñez Feijóo agradeceu a toda a cidadanía o seu esforzo e colaboración pero pediu a todos os galegos e galegas que non baixen a garda porque só con responsabilidade e compromiso poderemos superar esta crise do coronavirus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí