A POBRA> O concello da Pobra celebrou este mediodía os actos do Día da Galiza Mártir. Ademais da ofrenda floral en lembranza de Alexandre Bóveda, os representantes locais procederon a presentar un bosquexo da futura escultura da Memoria Histórica.
A ofrenda floral na rúa Alexandre Bóveda supuxo o inicio dos actos conmemorativos do día da Galiza Mártir na Pobra. o concelleiro de Memoria Histórica dou lectura ás palabras de Bóveda no seu alegato en defensa da lingua e da patria galegas antes de ser executado o 16 de agosto de 1936.
Posteriormente a comitiva municipal desprazouse ata os xardíns Valle-Inclán para presentar ante numerosos veciños o bosquexo da escultura da memoria histórica, elaborado por Manuel Teira.
Está previsto que a escultura poida ser inaugurada a finais de novembro ou principios de decembro deste mesmo ano.