Un accidente entre un motocultor e un turismo no Araño deixa un ferido

RIANXO> A última hora da tarde d eonte producíase un accidente entre un motocultor e un turismo na estrada AC-305, ó seu paso polo Araño, no concello de Rianxo.

No sinistro resultou ferido o condutor do tractor, de 74 anos, veciño do lugar, que necesitou asistencia médica, polo que foi evacuado ó Hospital Clínico de Santiago.

Ademais do persoal sanitario, ata o lugar desprazáronse tamén axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Boiro e voluntarios de Protección Civil.

Tamén foi necesaria a intervención do equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas que se encargou, unha vez retirados os vehículos, da limpeza da vía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí