A casa de Cultura de Lousame acollerá este domingo ‘Microteatro’

LOUSAME> A alcaldesa, Teresa Villaverde, e o director teatral Gustavo García Dieste presentaron esta mañá o programa “Microteatro”, que terá lugar este domingo 18 de maio, ás oito da tarde. A asistencia é totalmente gratuíta, se ben por razóns de loxística é imprescindible anotarse previamente na Casa da Cultura ou a través do mail casacultura@concellodelousame.com. Por outra banda, a Banda Municipal de Música de Lousame ofrecerá mañá venres 16 de maio o seu tradicional “Concerto das Letras”, que terá lugar tamén na Casa da Cultura ás nove da noite. esta actividade esta organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo-Banda de Música de Lousame e pola concellería de Cultura. A entrada será libre e de balde. O saábado 17, o concello tamén celebrará o Día das Letras Galegas cunha “Festa do Galego”, unha iniciativa que inclúe xogos e obradoiros culturais para nenos e nenas de 4 a 14 anos. Será de once da mañá a unha da tarde.