O Club Malamía de Boiro xa dispón dun desfibrilador semiautomático

BOIRO> As instalacións do Club Malamía en Boiro son dende hai varias semanas un espazo protexido. E iso foi posible grazas á adquisición dun desfibrilador semiautomático. Ó que se sumou tamén a realización, por parte do persoal do Club, dun curso de formación nas técnicas básicas para saber empregalo.

A súa compra foi posible grazas á posta en marcha dunha campaña solidaria promovida dentro do Proxecto Salvavidas, a través da venda de pulseiras.

Dende o Club entenden que dispoñer do desfibrilador convérteos nun lugar máis seguro, para todas aquelas persoas que, a diario, acoden ás instalacións.

Aínda así agardan non ter que empregalo nunca…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí