A Pobra renuncia a varias actuacións do POS+ ó non poder executalas

POBRA> O modulo cuberto de atletismo para o estadio municipal da Alta, o saneamento de Ouxo en San Isidro, a ampliación e reforma da casa consistorial ou a construción dun parque infantil cuberto en Venecia son só algunhas das obras incluídas nos POS+ de 2018 e 2019 da Deputación ás que o goberno municipal tivo agora que renunciar debido á imposibilidade de poder executalas.

Para o Partido Popular trátase dun exemplo máis de nefasta xestión realizada polo goberno municipal, que non foi quen de executar estas actuacións, algunhas delas aprobadas hai cinco anos.

 A renuncia a todas estas actuacións suporalle ó Concello a perda dun investimento por valor de preto do millón e medio de euros.

Un feito o suficientemente grave, polo que os populares pedirán responsabilidades no vindeiro pleno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí