Comezan as obras da senda peonil entre A Casilla, Araño e Burés

RIANXO> Iniciadas as obras da senda peonil que conectará os lugares da Casilla co Araño e Burés, en Rianxo. Os traballos, acometidos pola Consellería de Infraestruturas supoñen un investimento de máis de medio millón de euros.

As obras iniciadas esta semana na AC-305 ó seu paso por Rianxo mellorarán notablemente a seguridade nun treito da vía comarcal que non permitía o desprazamento de peóns. Executaranse unha senda peonil ó longo de máis dun quilómetro  pola marxe dereita da estrada que conectará os lugares da Casilla, O Araño e Burés. Dáse así resposta a unha vella demanda veciñal dos residentes nestas zonas que contan con gran número de vivendas.

A senda desenvolverase en dous treitos: o primeiro dende Burés ata o lugar dos Xens onde conectará cunha senda xa existente. O segundo tramo discorrerá entre Contres e a Casilla. As obras contan cun investimento de medio millón de euros e un prazo de execución de seis meses polo que poderán estar rematadas de cara á próxima primavera. Xunto a elas, acométese unha actuación adicional na outra marxe da estrada coa execución dunha senda en Burés, adxudicada por un importe de 50 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí