‘Little Town Shop’; unha app que permite percorrer as tendas do barrio dende o móbil

BOIRO> Falamos agora dunha novidosa iniciativa que vén de poñer en marcha un emprendedor boirense. Trátase da APP Little Town Shop que funciona como escaparate das pequenas empresas e comercios locais.

Nestes tempos de crise, iniciativas como a que vén de poñer en marcha Guillermo Rebollido supoñen un importante pulo para as pequenas empresas. Este emprendedor boirense vén de lanzar a APP Little Town Shop co obxectivo de ofrecer ós clientes un escaparate das novidades e servizos que ofrecen as tendas de barrio.

Polo momento xa está funcionando en Boiro, con máis de medio cento de negocios que poden publicar os seus artigos, promocións a través de enlaces ás súas redes sociais ou páxinas webs. Xa se está a traballar nun apartado para Rianxo e está aberto a calquera concello galego que se queira sumar á iniciativa.é gratuíta coa finalidade de aportar un pequeno gran de area ós negocios afectados pola crise derivada do covid.

As empresas interesadas poden solicitar máis información a través do enderezo electrónico.es ou ben no teléfono 633 301130.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí