A Deputación lanza un plan que empregará a 800 operarios nos concellos pontevedreses

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova iniciativa a prol do emprego e para facilitarlle aos concellos o mantemento de bens e servizos municipais. O plan, dotado con 3,2 millóns de euros, permitiralle aos municipios contratar entre 6 e 20 traballadores, en función da poboación para dar cobertura a necesidades básicas. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá as bases que regularán a concesión destas axudas. As achegas, destinadas a todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, permitirán a contratación dunhas 800 persoas desempregadas e sen prestacións, ou con prestacións sociais de subsistencia. Os contratos serán de 25 horas semanais e terán unha duración de seis meses. En todos os casos, terán que estar formalizados o 1 de xullo deste ano. A Deputación cubrirá os custes salariais dos traballadores, que deberán terán categoría de operarios. Malia todo, os concellos poderán optar por un perfil máis especializado e de maior categoría profesional, sempre e cando sexan as propias entidades locais as que abonen a diferenza salarial. Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se adxudicaron as obras da estrada provincial que pasa polo Mosteiro de Armenteira. Por outra banda, Rafael Louzán adiantou que o martes que ven manterá unha xuntanza xunto a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta e os concellos da provincia polos que atravesa o Camiño de Santiago na súa ruta portuguesa para poñer en marcha un plan de mellora e revalorización do mesmo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/23/depu600_230514.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/23/depu_230514.mp4{/flowplayer}