A viaxe a México deixa un sabor agridoce coa suspensión dunha reunion vencellada co sector hoteleiro da cidade

Pontevedra>  Satisfeitos pero con certo sabor agridoce, así chegan dende o Concello de Pontevedra da recente viaxe que veñen de facer de México. A cancelación da reunión cun importante grupo hoteleiro para posibles inversións na cidade fixo que esta viaxe non se puidese completar ao 100 por 100. Pese a isto, Pontevedra regresa de Mextrópoli coa intención de convocar un evento internacional sobre o urbanismo.

A recente viaxe a México non se pechou ao completo debido á cancelación dunha importante reunión con empresarios vencellados co sector hoteleiro e o seu posible investimento na Boa Vila.

Unha reunión que se celebrará en Pontevedra en canto estes empresario poidan vir por esta zona. Con todo, Anabel Gulías considerou que a Méxtropoli foi o foro máis grande ao que asistiron para falar da cidade. A concelleira sinalou que o máis importante do foro foi os contactos que puideron facer alí.

Con este viaxe Gulías volveu a insistir en que o modelo de cidade de Pontevedra abre portas, tanto para explicalo fora da Boa Vila como para facer lazos económicos e comerciais.