Os comerciantes de Vigo interésanse polo valor histórico de San Finx

    LOUSAME> Un total de 55 membros da Asociación Provincial de Representantes de Comercio de Vigo realizaron unha visita guiada ás minas de San Finx. Durante algo máis de hora e media, coñeceron a historia das minas e a súa evolución ao longo dos anos. Os visitantes amosaron o seu interese pola explotación hostaleira do complexo como polas grandes máquinas presentes no museo, que compararon coas do naval de Vigo. A Asociación Provincial de Representantes de Comercio de Vigo, fundada en 1954, ten por obxecto a representación, xestión e defensa dos intereses xerais e comúns dos seus asociados, á que poden adscribirse os representantes do comercio por conta allea, os vendedores ou promotores de venda ou quen interveñan en operacións de intermediacións comerciais e mercantís.