POIO> O Concello de Poio acollerá o vindeiro 23 de febreiro unha proba clasificatoria para o Campionato de España de Duatlón. Unha competición na que participarán preto de 300 deportistas e na que soamente 22 conseguirán o acceso directo ao campionato nacional. O evento terá lugar no entorno de Lourido e provocará restricións de aparcamento.
Lourido converterase o vindeiro 23 de febreiro na sede do clasificatorio para o Campionato de España de Duatlón. O circuíto contará con tres partes: 5 quilómetros de carreira, 21,4 de ciclismo e outros 2,5 de carreira. Da competición sairán 11 persoas clasificadas por cada categoría para a proba nacional.
O campionato de Duatlón provocará restricións de estacionamento no entorno de Lourido. En concreto dende o porto de Campelo, pasando pola avenida da praia, a avenida Peirao Besada e ata a rúa Anafáns.
Esta proba é un exame máis para o Concello de Poio de cara á celebración do Campionato de España de Duatlón.
A xornada comezará ás 10 horas coa proba popular e continuará ás 11:30 horas coa competición da elite feminina e á 13:30 horas coa masculina. A entrega de trofeos está programada para ás 14:30 horas.