Remata o soño do CD Boiro

BOIRO> Os de Gelucho xogarán a vindeira tempada na terceira.

Mais de mil espectadores presenciaron, no Municipal de Barraña, como se esfumaba o soño do ascenso para os boirenses. Os de Gelucho saíron ó campo ca intención de levantar o 2-1 do partido de ida e de rematar a temporada invictos na casa, pero non puido ser. O Náxara, que demostrou ser máis fero xogando como visitante, non tardou en meterlle presión ó Boiro dificultando a saída do balón. Os rioxanos fixéronse co partido nun par de contraataques e tomaron vantaxe á media hora cun tanto de Quirino a porta baleira. O Boiro non puido darlle a volta ó resultado a pesar de que fabricaron numerosas ocasións. A mellor foi a poucos minutos do gol dos rivais, cando Padín fixo un bo pase a Soto, este controlou e disparou pero o pé do porteiro naxerino impediu o empate. Armental tamén tivo ocasión de igualar o marcador cun remate de cabeza que desafortunadamente se foi por riba do traveseiro. Á volta do descanso, os boirenses non cesaron no seu empeño de pasar á segunda fase do play off de ascenso, pero os rivais demostraron ser moi sólidos na súa defensa. A ilusión dos afeccionados de Boiro desfíxose co pitido final. Cabe destacar a gran deportividade dos blancos, os cales aplaudiron a actuación dun digno rival.