A campaña do polbo rematará con cifras semellantes ás do 2013

    RIBEIRA> A lonxa ribeirense, xunto con Bueu, é unha das de maior número de descargas desta especie en toda Galicia para comprobar estes datos.

    Na lonxa de Ribeira, unha das de maior actividade da zona, subastáronse durante o que vai de campaña, iniciada en xullo pasado, máis de 342 mil quilos de polbo, cunha facturación total que se sitúa no 1’7 millóns de euros, cuns prezos medios que se moveron entre os oito euros de máximo e os dous de mínimo. Atendendo a estes datos, e en comparación coa campaña anterior, na que as capturas sumaron 325 mil quilos e a facturación rondou os 18 millóns e medio de euros, observamos unhas cifras moi similares. Cómpre lembrar que a actividade deu comezo xa o pasado ano chea de polémica, xa que a consellería do Mar aprobou un Plan de Xestión do Polbo con nasa para o período 2013-2014, co que se fixou o período de veda para a captura desta especie, establecendo un conxunto de medidas técnicas encamiñadas a reducir a sobrepesca e controlar a oferta nos mercado que dende un primeiro momento non foron moi ben acollidas polo sector.