Grandes literatos do Salnés ‘revivirán’ ao lado dunha copa de viño

    CAMBADOS> A Universidade de Santiago, o Concello e tres importantes adegas cambadesas únense para conectar os seus viños con algúns dos talentos máis senlleiros da zona: Valle-Inclán, Cabanillas, Camba e Cunqueiro.

     

    Catro dos talentos máis importantes do Salnés revivirán en Cambados ao lado dunha copa de viño.

    Os días 6, 13 e 20 de xuño, o Parador do concello acollerá tres xornadas que fan unha proposta máis que interesante. Escoiten: que lles parecería facer un repaso da obra de Valle-Inclán e Cabanillas, regado con viños de Condes de Albarei e Pazo Baión?

    Os caldos do Pazo de Fefiñáns serán os que acompañen a xornada dedicada a Julio Camba, mentres que os de Martín Códax farán o propio con Cunqueiro.

    E é o responsable destas xornadas o ten claro: non se pode amar algo que non se coñece.

    As tres sesións son totalmente gratuítas, e contan cun aforo de 50 persoas. Para asistir, é imprescindible inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Cambados.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/28/ptac_xornadas_vino_literatura.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/28/ptac_xornadas_vino_literatura.mp4{/flowplayer}