O taekwondo e o atletismo de base toman Fontecarmoa este sábado

VILAGARCÍA> Vilagarcía segue entregada ao deporte. A vila ven de sumar dous eventos máis á súa ateigada axenda deportiva das últimas semanas: o Campionato Galego de Taekwondo infantil e cadete e o campionato provincial de Atletismo benxamín e alevín, que se celebrarán este sábado en Fontecarmoa.

 

Este sábado Fontecarmoa será o epicentro do taekwondo de base: acollerá o Campionato Galego en Idade Escolar de taekwondo, na modalidade de exhibición.

Segundo o Clube Olimpic, o organizador, está previsto que compitan preto de 300 deportistas, divididos entre os 17 equipos en categoría infantil e outros tantos na de cadetes.

Isto no interior do pavillón, pero as pistas tamén estarán ocupadas coa celebración do Campionato Provincial de Atletismo, que levará ata Vilagarcía ao redor de 400 deportistas.

Ambos campionatos, incluídos no programa “Xogade” da Xunta de Galicia, celebraranse o sábado a partires das 10 da mañá.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/28/campionatos_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/28/campionatos_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí