Os motores de 200 coches únicos ruxen en Vilagarcía na segunda concentración Ride’N Nice

VILAGARCÍA> Os afeccionados ao mundo do motor déronse cita este domingo en Vilagarcía. A cidade acolleu a segunda edición da concnetración Ride’N Nice, unha iniciativa aberta a todo tipo de vehículos, sen importar marca ou a súa idade. No evento participaron uns 200 coches.

Os motores ruxiron esta fin de semana en Vilagarcía na segunda edición da Ride’N Nice. Trátase dunha concentración na que participaron ducias de vehículos. A súa particularidade é que aquí tódolos coches son benvidos, sen importar modelo, cilindrada ou idade. A esencia, explican os organizadores, é servir de punto de encontro para os amantes da automoción.

E aínda que tódolos coches son ben recibidos, entre os asistentes moitos que buscan ir un paso máis alá. As preparacións ou extras permiten gañan confortabilidade ao volante, pero sobre todo buscan deixar a máis de un coa boca aberta.

A concentración tivo lugar na zona TIR de Vilagarcía. Dende a organización salientan a idoneidade de organizar esta concentración en Vilagarcía, tanto pola súa posición xeográfica como polo apoio institucional e dos patrocinadores.

Logo do éxito deste encontro, dende a organización avanzan que confían en organizar novos eventos como o desta pasada fin de semana.

A cita deste domingo completouse con sorteos, concursos, premios e animación musical.