O presidente da Deputación estrea as novas bancadas de Vista Alegre

    BOIRO> O organismo provincial realizou unha achega de máis de 71 mil euros, o 80% do custe da obra, cuxo orzamento total sumou preto dos 90 mil euros. Acompañado do alcalde, Xoán Xosé Dieste, e demais autoridades locais, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, comprobou o resultado final das obras, que permitiron a construción dunha nova grada cuberta nos campos de fútbol de Vista Alegre. A actuación supuxo un investimento de máis de 71 mil euros, o que equivale o 80% do presuposto total da obra, que ascendeu a preto dos 90 mil euros. Na visita, e despois de proceder á descuberta da placa conmemorativa na que se recolle o acto de inauguración, Calvo, destacou o resultado final da obra, alegrándose do uso que se lle daba ás instalacións. Especialmente feliz estaba tamén o rexedor local, Xoán Xosé Dieste, xa que se trataba dunha actuación moi necesaria, e que contribuirá a mellorar a calidade que se lle presta ós usuarios deste recinto deportivo. As obras permitiron a demolición das antigas bancadas, que se atopaban en avanzado estado de deterioro e impedían a visión a ambos os lados do campo, e construír unhas novas estruturas cubertas e con asentos individuais con capacidade para unhas 400 persoas.