Louzán compromete un novo pavillón para Rubiáns ‘no menor tempo posible’

    VILAGARCÍA> O presidente da Deputación de Pontevedra comprométese co novo pavillón do colexio de Rubiáns. Rafael Louzán, xunto co alcalde de Vilagarcía, visitou as instalacións para trasladar á ANPA a súa intención de colaborar co concello para construír un novo e dotalo de máis servizos. Ademais, a intención do goberno provincial é que o pavillón dea servizo ao centro e aos veciños das parroquias de Rubiáns e Cea.

     

    As reclamacións da ANPA do colexio de Rubiáns conseguiron levar ata o centro ao presidente da Deputación e ao alcalde de Vilagarcía. 

    A intención é que o uso escolar sexa compatible con outros extraescolares, dando servizo aos veciños das parroquias de Rubiáns e Cea, principalmente.

    Aínda que non comprometeu prazos, o presidente da Deputación asegurou que a intención é comezar canto antes cun proxecto que permita dotar a Rubiáns dun novo pavillón.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/20/louzan_rubians.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/20/louzan_rubians.mp4{/flowplayer}