GADISA incrementa a reciclaxe nun catorce por cento

    BARBANZA> GADISA conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente reforzando a súa aposta pola reciclaxe. a compañía incrementou a reutilización de materiais que se aplican nunha primeira fase nos produtos de venda e se complementan na sede central. Durante o 2013 o grupo empresarial reciclou 5.978 toneladas de cartón, 720 de plástico e 207 de madeira, incrementando estas cifras un 14% repecto do exercicio anterior. Realizou ademais máis de 4,5 millóns de movementos de envases reutilizables. As medidas medioambientais adóptanse nunha primeira fase nos puntos de benda, coa separación de materiais. Un equipo de vinte e cinco profesionais encárgase posteriormente de derivar os distintos residuos a empresas especializadas na súa compactación. Ademais GADISA dota ós seus establecementos dun sistema de aproveitamento enerxétivo con maquinaria frigorífica de última xeración para reducir o consumo de enerxía así como os sistemas de climatización. Estas medidas compleméntanse con sistemas de iluminación electrónicos que reducen oconsumo ata un 40%.