Satisfacción en Noia polo anuncio da Xunta de iniciar o proxecto de desdobramento do corredor

NOIA> A nova de que a Xunta sacase a exposición pública o proxecto da primeira fase de conversión en autovía da vía de altas prestacións que une Brión e Noia foi recibida de xeito satisfactorio no Concello, ó tratarse dunha demanda xa de vello.

O alcalde, Santiago Freire, aplaudiu o inicio do proceso que acabará desdobrando este vial xa que permitirá achegar á vila a Santiago e incrementar a seguridade .

O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de preto de dez quilómetros, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia.

Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude desta vía de altas prestacións e podería entraren servizo a finais de 2026.

 A estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de tres metros e medio metros, beiravías de dous e medio e unha mediana de tres, dándolle así continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.