AMBAR celebra este domingo a 8ª Carreira pola Diversidade

RIBEIRA> AMBAR celebrará este domingo a oitava edición da carreira pola diversidade. O evento, ademais da súa vertente solidaria, busca promover a inclusión a través dunha proba deportiva aberta a todo o que desexe participar.

Un ano máis, e xa van oito, AMBAR segue a promover a inclusión a través da súa carreira pola diversidade. Esta cita, xa habitual no calendario deportivo de Ribeira celebrarase este domingo. Ademais das 4 categorías en carreira haberá tamén unha andaina en modalidade libre e as probas infantís para os nenos de 5 a 16 anos.

A carreira sairá ás dez dende o paseo de Coroso e percorrerá unha distancia de 5 quilómetros.

Os interesados en participar aínda están a tempo de facer as súas inscricións a través da web cronotec.es. A cota é de 6 euros que rán destinados a financiar as actuvidades de ocio e participación social dos usuarios de AMBAR. Aqueles que non poidan participar poden colaborar tamén a través do dorsal 0.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí