Óscar España exerce xa coma novo presidente da ABE

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/novopresidenteabe0506141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/05/novopresidenteabe050614.mp4{/flowplayer} BOIRO> España substitúe no cargo a Carlos Rodríguez Muñíz, que levaba seis anos á fronte da patronal boirense. A Asociación Boirense de Empresarios xa conta con novo presidente. Trátase do hostaleiro Óscar España. A súa candidatura foi a única presentada e onte pola noite foi ratificado en asamblea polos socios da entidade. Dase a circunstancia de que España xa formaba parte da anterior xunta directiva, na que ocupaba o cargo de tesoureiro. Durante o seu acto de presentación, o novo presidente da ABE, sinalou que manterá unha liña continuista n aliña do traballo marcada pola anterior directiva baseándose en tres pilares básiscos. O acto serviu tamén de despedida para o anterior presidente, Carlos Rodríguez Muñíz, que agradeceu o apoio recibido durante a súa etapa á fronte da entidade. España aproveitou tamén o acto para presentar ás persoas que o acompañarán nesta nova estapa de dous anos á fronte da patronal boirense. Serán Ángel Nieto no posto de vicepresidente e Santiago Cajaraville coma secretario, dúas persoas con experiencia e que xa formaban parte tamén da anterior directiva, así como Gonzalo Fernández coma tesoureiro e Daniel García e Carlota Fajardo coma vogais.