Os nenos de Ribeira poderán participar en tres obradoiros de conciliación

    RIBEIRA> O concello de Ribeira abre este venres o prazo de preinscripción nos tres tipos de obradoiros de conciliación a que vai dar cabida o municipio no marco do Verán Cultural: Xoga con Nós, Verán Rechinán e Camp of Cultural Summer. As familias interesadass en apuntar ós pequenos teñen de prazo ata o xoves, día 12 de xuño. As preinscricións deben realizarse no Centro Cultural Lustres Rivas, de 10 a 14 horas. As modalidades para cumprir con este trámite son tres: de xeito presencial no propio centro, por teléfono no 981 835 650 ou por mail a culturaefestexos@riveira.com. Terán prioridade os empadroados en Ribeira. As incricións serán dun máximo de dous nenos por persoa, ou de máis presentando o libro de familia. No momento da preinscrición cómpre aportar os seguintes datos: nome e apelidos do neno, data de nacemento e teléfono de contacto. O venres 13 de xuño será publicada a listaxe provisional de admisión. A preformalización da matrícula deberá tramitarse os días 16 e 17 de xuño, cun pago de fianza de 5 euros. A lista definitiva de admisión será publicada o 20 de xuño e as matriculacións terán lugar do 23 ao 27 de xuño. En canto as características dos obradoiros, o Xoga con Nós prevese realizar no colexio Grupo e está pensado para os rapaces de Santa Uxía e Palmeira. Está destinado aos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 1 de xullo de 2011. Hai 150 prazas dispoñibles. O prezo dun mes (xullo ou agosto) é de 60 euros e o de dous meses, 100 euros. Tamén se prevén dous obradoiros de Verán Rechinán: un para as parroquias de Aguiño, Carreira e Castiñeiras e o outro para as de Artes, Corrubedo, Oleiros e Olveira. Está pensado para os nenos e nenas nados de 2007 a 2010. Hai 60 prazas dispoñibles, 30 por taller. O prezo tamén é de 60 euros por un mes e de 100 euros por dous meses. Por último, o obradoiro de inglés Camp of Cultural Summer está destinado aos nados de 2002 a 2006. Hai 30 prazas. Celebrarase no CEIP O Grupo e o seu prezo é de 70 euros por un mes ou de 100 euros por dous meses (todos os prezos citados poderían sufrir unha modificación dun 10% en canto á demanda e outras circunstancias).

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí