O padexeiro Adrián Mosquera será a imaxe de Rianxo

RIANXO> Rianxo despediu ó seu deportista paraolímpico Adrián Mosquera cunha recepción no Concello antes da súa marcha a Tokio, onde participará nas Paraolimpíadas. Ademais do recoñecemento ó xoven padexeiro, o acto serviu para a firma dun contrato de patrocinio, no que se vincula a imaxe e os valores que representa o deportista coa imaxe do Concello.

Arroupado pola súa familia e o seu adestrador, Adrián Mosquera, foi recibido no salón de plenos do Concello por unha representación da corporación municipal. O acto serviu coma despedida ó xoven padexeiro, que partirá en breve cara Tokio onde tomará parte Xogos Paraolímpicos. Terá a honra de ser o primeiro deportista rianxeiro en participar nunhas Paraolimpiadas.

Aproveitouse tamén o acto para proceder á sinatura dun contrato de patrocinio, entre o Concello e o xoven deportista. Adrián será a imaxe de Rianxo en Tokio, pero non só iso…

O deportista agradeceu o apoio do Concello nestes anos, e tamén este novo contrato de patrocinio que vén de asinar, que lle permitirá ademais poder centrarse na súa carreira deportiva.

Antes de poñer rumbo a Tokio, onde competirá do 2 ó 4 de setembro nas especialidades de kaiak e VL3, o deportista rianxeiro deberá gardar corentena e permanecerá concentrado durante dúas semanas en Sevilla xunto ó resto da expedición española.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí