PORTO DO SON> A Xunta de Galicia investirá medio millón de euros na mellora da eficiencia enerxética do IES de Porto do Son. O delegado territorial na Coruña anunciaba esta mañá durante unha visita ó centro a actuación que consistirá na substitución da cuberta e unha pasarela de acceso ó polideportivo.A Consellería de Educación vén de licitar as obras de mellora enerxética no IES de Porto do Son. O delegado da Xuta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaba esta mañá o centro para anunciar a actuación que consistirá na substitución da cuberta, a construción dun soportal de acceso ó pavillón e a renovación da fontanería.
Con esta actuación, orzamentada en máis de 400 mil euros, a Xunta inviste máis de 7 millóbs en centros educativos do Barbanza que inclúen 11 grandes proxectos e 18 obras menores. Tan só en Porto do Son, Educación vén de executar a substitución da cuberta no CEIP Santa Irene e a creación de comedores tanto nesta colexio como no de Portosín.
Todas estas actuacións enmárcanse no Plan de Arquitectura Pedagóxica de Galicia para renovar as instalacións educativas adaptándoas ás necesidades do século XXI.