Lousame acometerá numerosas melloras na súa rede viaria

LOUSAME> O concello de Lousame ultima os detalles do convenio coa Consellería de Infraestruturas para a mellora da estrada de Portobravo a Tállara. En total, investiranse catrocentos sesenta mil euros na capa de rodadura do vial. A actuación de mellora no vial entre Portobravo e Tállara, unha das principais vías de comunicación de Lousame, quedou inconclusa debido á falla de dotación orzamentaria. Agora o concello traballa na elaboración dun concello coa Consellería de Infraestruturas para rematar as melloras coa dotación da capa de rodadura. Non é a única mellora en materia viaria que se vai acometer no municipio posto que a Deputación da Coruña vai executar a ampliación dunha ponte na estrada entre O Couto e Aldea Grande para completar o proxecto de seguridade desta estrada. Nesta mesma estrada, á altura de Berrimes o concello plantexou tamén a medio prazo a dotación de beirarrúas e mellora da calzada.