Presentada na Pobra a XXI edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

POBRA> Esta mañá presentábase a programación incluida nas Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán e que este ano chegan á súa vixésimo primeira edición. Teatro, música ou exposicións constitúen o groso dun amplo e variado programa a desenvolver durante os meses de outubro e novembro.

Sen rematar aínda o ciclo dedicado a Victoriano García Martí, o concello da Pobra e o museo Valle-Inclán, en colaboración con diversas entidades, entre elas a consellería de Cultura ou a Deputación da Coruña, volverán a homenaxear a outra das súas figuras máis ilustres, neste caso a Ramón María del Valle-Inclán. As xornadas, que este ano chegan á súa dvixésimo primeira edición, presentan un amplo e variado programa de actividades nos máis variados eidos culturais e que este ano, coma novidade, ademais de outubro se prolongarán tamén a novembro

Tamén participo una presentación o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, quen destacou a diversidade das propostas, moi diferentes e dirixidas a tódolos públicos.

As actividades arrancarán os días 23 e 24 de outubro con teatro para escolares a cargo de Cachirulo Teatro que porán en escea a obra ‘Farsa italiana da namorada do rei’. Aínda así, un dos actos máis significativo destas xornadas volverá a ser a tradicional ofrenda cívica na alameda, na que se incluirá tamén a plantación dunha camelia creada en honor ó escritor e se fará unha pequena lectura de textos seus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí