Amalia Fernández, un nacemento durante a pandemia do coronavirus

PONTEVEDRA> A vida tamén se abre paso durante a pandemia do coronavirus.  Onte Marta Pérez deu a luz no hospital do Salnés á pequena Amalia, a súa primeira filla. Ela e a súa parella, o concelleiro pontevedrés Pablo Fernández comparten a súa experiencia de converterse en pais durante a corentena.

Pablo Fernández e Marta Pérez convertéronse no día de onte en país por primeira vez. A pequena Amalia naceu sa e xa goza da compañía dos seus pais no hospital do Salnés. Ambos non tiveron problemas durante o embarazo aínda que a situación sanitaria obrigoulles a extremar as precaucións. As medidas impediron a Pablo acompañar a Marta nas últimas revisións. Tampouco puido estar durante o parto xa que finalmente a pequena naceu mediante cesárea.

Marta ingresou no hospital o martes. Dende o centro tomaron todas as medidas necesarias para evitar os contaxios.

As medidas de seguridade impiden aos familiares achegarse ao hospital a coñecer a pequena. Polo de agora só poden vela a través dos tecnoloxías dixitais.

Pablo e Marta destacaron o excelente traballo e o trato que recibiron por parte dos profesionais sanitarios do Salnés. Tamén mandaron unha mensaxe de tranquilidade a aquelas mulleres que vaian a ser nais nas vindeiras datas garantindo a seguridade do hospital.