O concello de Noia aliviará a presión fiscal coa conxelación das taxas

    NOIA> O concello de Noia conxelará a maior parte das taxas municipais e rebaixará o Imposto sobre Bens Inmobles para o próximo exercicio. Introducirase ademais unha bonificación de ata o noventa por cento para aquelas familias numerosas que reúnan unha serie de requisitos. Coa modificación da ordenanza fiscal reducirase o tipo impositivo do actual 0’53 ó 0’51. deste xeito, o executivo noiés pretende aliviar a presión fiscal á que están sometidos os cidadáns pola suba xeralizada de tributos imposta polo goberno central nos últimos anos. Co obxectivo de favorecer ós cidadáns con menos recursos, introducirase unha bonificación de ata un noventa por cento para familias numerosas que deben cumprir dous requisitos básicos relativos á renda e ás propiedades.