A cabalgata de Noia porá fin a unha innovadora campaña de Nadal

NOIA> Un cento de nenos participarán na cabalgata de Reis de Noia. Este ano fará un percorrido curto pero máis lento para dar a oportunidade de disfrutar a tódolos asistentes. Ó remate terá lugar a tradicional recepción das súas maxestades na praza do concello.

Todo listo en Noia para a tradicional cabalgata de Reis que se celebrará o día cinco de xaneiro. Este ano sairá do Malecón de San Lázaro aproveitando que a zona estará libre de coches trala celebración do mercadiño.

Está prevista a apertura do comercio e locais hsotaleiros para aproveitar a afluencia de xente nesta data tan familiar.

A cabalagata suporá o colofón dunha campaña de Nadal marcada este ano pola innovación tanto na decoración de rúas como na programación de actividades.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí